Os días 27 e 28 de outubro tivo lugar no Salón de Actos da sé da Deputación de Lugo un encontro de cineclubes de Galicia cos seus homólogos de Asturias, Euskadi, Castela e León e Portugal. Ademais, realizaranse diversas proxeccións, que serán presentadas polos seus responsables.

O encontro de cineclubs inaugurouse o sábado, 27 de outubro, cun acto ás 11:00 horas a cargo dos organizadores (o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, o Club Cultural Val Inclán e a Federación de Cineclubes de Galicia), ao que seguíu a presentación, ás 11:30 horas, do documental Entre paradas, de Toño Chouza, por parte da productora María Liaño e do equipo artístico. Ás 12:45 horas exhibiuse outro documental, A última viaxe do afiador, que introducirá o seu director, Aitor Rei. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, desenvolveuse un faladoiro sobre a situación do cineclubismo, na que, xunto a cineclubes galegos, participaron outros de Asturias, Euskadi, Castilla e León e Portugal. Deuse a coñecer a ampliación da rede alternativa creada pola Federación de Cineclubes de Galicia, cos filmes enviados durante este último ano, que poderán difundirse, ademais de en Cataluña e Portugal, nas Comunidades invitadas. Como pechadura da xornada do sábado, ás 18:00 horas, exhibiuse a longametraxe documental Cineastas contra magnates, de Carlos Benpar, tralo que mantivo un coloquio co director catalán.

O domingo 28, as actividades abríronse ás 11:00 horas cunha conferencia do crítico cinematográfico Martin Pawley co título “Os números do cine. Sempre nos quedarán os festivales e os cineclubs”, tras o cal tivo lugar unha visita turística pola cidade de Lugo, guiada por Felipe Arias Vilas, director do Museo de Viladonga. Como pechadura do encontro, ás 17:00 horas, proxectouse o filme holandés Bloedbroeders, de Arno Dierickx, que gañou o premio Carlos Velo ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Ourense en 2009. Esta proxección é froito dun acordo co OUFF, para difundir algunhas das obras premiadas no festival, pola Rede de Cineclubes de Galicia. Todas as actividades do Encontro foronn abertas ao público, e con entrada gratuita ata completar aforo.