A LONGAMETRAXE DE ANIMACIÓN “ARRUGAS”, PRESENTADO NO JILIN INTERNATIONAL ANIMATION, COMICS & GAMES FORUM DE CHINA

15 / 09 / 2011

Presentouse Arrugas en China, no Jilin International Animation, Comics & Games Forum, cunha conferencia a cargo de Manuel Cristóbal, o seu produtor.

 

A película animada Arrugas, dirixida por Ignacio Ferreras e baseada no cómic de Paco Roca, gañador do Premio Nacional de Cómic 2008, foi producida por Perro Verde Films, Elephant in the Black Box Cinema & Animation e Cromosoma, coa colaboración de TVE, RTVV e TVG e o apoio do ICAA e AGADIC. O filme estrearase no próximo Festival Internacional de Cine de San Sebastián, dentro da sección Zabaltegi-Nuevos Directores.

O Jilin International Animation, Comics & Games Forum, que reuniu a máis de 150 expertos de todo o planeta, está organizado polo Jilin Animation Institute, a maior escola de animación do mundo, con 6.000 alumnos e 400 profesores. Situado en Changchun, na provincia china de Jilin, o centro pretende converter a zona nun polo de produción da animación mundial.


Categoría: Noticias
Etiquetas: