Lili Films foi invitado ao Festival de Cine das Palmas, onde realizará dúas proxeccións de cine en Super 8 ou “Cine a Domicilio”, os días 2 e 3 de Marzo, baixo o nome de “Viaxe a un mundo doméstico”. Para iso, ambientarase unha especie de salita de estar, na que se mostrará unha variada selección de momentos en Super 8, rescatados por Lili Films.
Tamén se presentará o documental “O Ceo do Super 8″, un documental sobre o labor de recuperación do cine doméstico que Lili Films está levando a cabo, e mostrarase “Bendita Rúa”, outro documental realizado por Lili Films integramente en Super 8 e que retrata unha realidade sen artificios, a través da mirada espontánea dende un tomavistas.