LILI FILMS CELEBRA O SEU 5º ANIVERSARIO CUNHA SEMANA DE PROXECCIÓNS EN SUPER8

9 / 05 / 2008

A próxima semana LILI FILMS celebra a súa 5º aniversario. Por iso organiza unha semana enteira de cine en Super8 na Coruña, con 5 proxeccións, unha por cada ano.
Durante estes 5 días poderase ver moitas das pezas do cine recuperado por Lili Films, así como outras pezas de remontaje (Found Footage), e algúns traballos en Super 8, todo iso realizado nestes últimos 5 anos.

Comezará o luns 12 de maio, ao redor das 22:30 cunha proxección de “cine na rúa”, onde un pianista sonorizará as películas en directo. Lugar. Rúa Los Olmos. A Coruña

Para continuar o martes 13 de maio, ás 21:45 en “A Casa das Atochas”, no que se poderán ver algunhas das producións en Super 8 de Lili Films. “Vidas con Fungos”, “Coruña Bonita” ou a premiada “Bendita Rúa”. Lugar: Laboratorio Social Okupado. Atocha Alta, 14. A Coruña.

O mércores 14 de maio ás 21:30, o cine a domicilio trasládase a un taller de costura que se transformará nunha improvisada sala de cine, na que se poderán saborear algunhas das imaxes máis espectaculares que compón o arquivo cinematográfico que Lili Films foi recuperando nestes últimos 5 anos, ademais a proxección será unha sesión de cine aberto onde a xente poderá levar o seu filme caseiro favorito en 8mm e Super 8 e proxectalo para así rescatalo por uns momentos do esquecemento. Lugar. L´atelier. San Lorenzo 14, Baixo. A Coruña.

O Xoves 15 de maio a partir das 22:30, na Sala Garufa, Lili Films tira a casa pola fiestra e invítavos ao maior espectáculo do mundo…”O cine en vivo”. Música, cine e performance da man, con novos montaxes en Super 8 acompañados en escena por músicos como “Pulpiño Viascon”, mestre do serrucho ou o virtuoso do violín “Manu Clavijo” ademais da participación especial do colectivo “Maribolheras precarias”, que representarán en vivo escenas de algunhas películas proxectadas. Lugar. Sala Garufa. San Francisco 8, Cidade Vella. A Coruña.

Para rematar esta “Gran Semana do Cine Domestico”, o venres 16 de maio, a partir das 22:00, abrimos as portas do noso centro de operacións “A Mukata-casa de feras”, para invitarvos a unha gran festa, amenizada polo increible “Dj Flashback” o cal levaranos coas súas melodías do pasado ao longo dunha noite sen fin. Lugar. A Mukata. Wáshington 18-20, Baixo. A Coruña.

Categoría: Noticias
Etiquetas: