JUAN CARLOS CUETO, NO MASTER MPXA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Juan Carlos Cueto, Produtor Executivo de series como Médico de Familia, El Internado, Siete Vidas, Casi Perfectos, El Grupo… impartirá no MPXA un seminario sobre a creación de series de televisión. A base de traballo neste obradoiro será analizar os conceptos, argumentos, estrutura, persoaxes e detonantes precisos para a realización dun guión dunha serie de televisión. A elaboración das series segundo o xénero vai ser outro tema sobre o que van a traballar os alumnos.
Farase fincapé na unificación de criterios, a homoxeneidade formal e, en definitiva, no modo de conservar o matiz dentro das series. Na actualidade estes contidos teñen un longo percorrido e resulta imprescindible saber manter o tono dos mesmos.
Cueto é un profesional ligado a GLOBOMEDIA dende os seus comezos e, gran parte do seu traballo desenvolveuno nesta produtora. Director y Produtor Executivo de series de televisión, na actualidade dirixe o desenvolve dos novos proxectos que se están a realizar nesta empresa de comunicación.