INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” NO ATENEO FERROLÁN

23 / 10 / 2013

Xa se poden achegar as curtametraxes para participar nas XIII Xornadas “Mostra de Curtametraxes”, que se celebrarán os días 18, 19 e 20 de decembro do 2013 no Ateneo Ferrolán.

Todos os interesados deben achegar os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes trece anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Máis información en www.ateneoferrolan.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: