INICIO DA RODAXE DA LONGAMETRAXE «AUGA FRÍA DE MAR»

2 / 01 / 2009

Comezou a rodaxe de AUGA FRÍA DE MAR da directora costarriqueña Paz Fábrega que coproduce Tic Tac Producciones. A rodaxe levarase a cabo en localizacións naturais das praias de Bahía Ballena, Costa Rica.
A partir do traballo con actores naturais e no marco dunha realidade que se atopa na periferia da periferia, cóntase a historia de Karina e Mariana, dúas nenas que cargan cas dores de estar crecendo.

AUGA FRÍA DE MAR obtivo o maior galardón no Torino FilmLab del Festival de Torino (Italia) que se suma ó prestixioso percorrido internacional do proxecto conformado polo apoio de CINERGIA, Hubert Bals y Hubert Bals Plus del Festival de Rotterdam, o premio Arte France do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, a Fundación GAN (Francia) e do Programa Ibermedia.

AGUA FRÍA DE MAR é unha coproducción de Le films du Requim (Francia), Tic Tac Producciones (España), Temporal Films (Costa Rica), Isabella Films (Holanda) e Pimienta Films (Mexico)

Categoría: Noticias
Etiquetas: