INÍCIASE O CICLO «PINCELADAS DE CINE» EN CATRO CENTROS DE NOVACAIXAGALICIA EN GALICIA

16 / 10 / 2012

Os centros Novacaixagalicia de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol están ofrecendo, do 8 de outubro ao 27 de novembro, o ciclo «Pinceladas de cine», que reúne unha selección de seis filmes en torno a relevantes xenios da pintura ligados a rarezas, tormentos e vidas atípicas.

O ciclo intégrano as películas El loco del pelo rojo, de Vincente Minnelli; La joven de la perla, de Peter Webber; El tormento y el éxtasis, de Carol Reed; El Greco, de Yannis Smaragdis; El sol del membrillo, de Víctor Erice; e Séraphine, de Martin Provost. As proxeccións destas obras serán nos centros socioculturais de Novacaixagalicia en A Coruña, Lugo, Compostela e Ferrol, en diferentes días e horarios, sempre con entrada libre ata completar aforo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: