No mes de febreiro de 2010 celebraranse no Concello de Vedra as III Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 010, organizadas pola Asociación Senunpeso Producións. LAV 010 prantéxase como a consolidación do traballo levado a cabo nas anteriores edicións, mais tamén como unha aposta por afondar no carácter formativo das Xornadas e potenciar a súa condición de escaparate de traballos audiovisuais producidos en Galicia.

 

As Xornadas constarán de dúas liñas de traballo ben diferenciadas, aínda que complementarias entre sí: 

Mostra de curtametraxes: Ofreceranse unha serie de traballos que os distintos realizadores de Galicia e doutras partes do Estado están a facer. Proxectaranse traballos realizados por algúns dos asistentes ás xornadas anteriores.  

Obradoiros de formación audiovisual: Unha oportunidade de formación en diferentes aspectos da realización audiovisual, pensados para todos aqueles que achéganse por primeira vez a este mundo. 

Máis información en www.senunpeso.org