II XORNADAS DE FORMACIÓN E MOSTRA AUDIOVISUAL FORMACCIÓN 09

15 / 12 / 2008

No mes de febreiro celebrarase no Concello de Vedra as II Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual FORMACCIÓN 09.
FORMACCIÓN 09 prantéxase como a consolidación do traballo levado a cabo na anterior edición, mais tamén como unha aposta por afondar no carácter formativo das xornadas e potenciar a súa condición de escaparate de traballos audioviduais producidos en Galiza. As Xornadas constarán de dúas liñas de actividade ben diferenciadas, aínda que complementarias entre sí:

Mostra de curtametraxes, na que ofreceremos unha serie de traballos que os distintos realizadores de Galiza e doutras partes do Estado están a facer. Nesta edición proxectaranse traballos realizados por algúns dos asistentes ás xornadas anteriores.Outra novidade importante desta edición 09 é que se creará o premio do público á mellor curtametraxe.

Obradoiros de formación audiovisual, nos que queremos ofrecer unha oportunidade de formación en diferentes aspectos da realización audiovisual, pensados para todos aqueles quen se queira achegar por primeira vez a este mundo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: