II PREMIO EMPRENDE GAIÁS-SIXTO SECO

25 / 06 / 2014

O Centro de Emprendemento Creativo-Gaiás Cidade da Cultura convoca o II Premio Emprende Gaiás – Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias creativas de Galicia.

Se tes unha iniciativa no ámbito do deseño, internet ou xestión cultural, preséntaa antes do 31 de agosto. A cambio recibirás unha incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower 2015, o maior meeting show das industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte do Gaiás e Agadic durante os primeiros pasos da empresa.

Consulta as bases, participa no Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco e fai realidade o teu proxecto. Máis info, bases e inscrición: www.cidadedacultura.org 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: