HOMENAXE AOS PROTAGONISTAS DE “O SEGREDO DA FROUXEIRA”

11 / 02 / 2011

O acto homenaxe aos protagonistas do documental “O Segredo da Frouxeira” terá lugar este Venres 11 de Febreiro ás 18h. diante do antiguo Concello de Serantes, actual Centro de Saúde.

O Concello de Ferrol inaugurará un monolito en lembranza de Alejandro Porto Leis, alcalde republicano de Serantes e dos compañeiros que lle deran protección: Modesto del Río, Avelino Landeira e Xesús Miño, paseados os catro na praia da Frouxeira, en febreiro de 1938. 

Agradecemos a vosa presencia para acompañar aos familiares das vítimas nun acto especialmente emotivo para eles pero tamén para o equipo do documental e todos aqueles que traballaron na investigación para levar adiante esta historia como a Asociación Fuco Buxán e a Asociación Memoria Histórica Democrática. 


 

Categoría: Noticias
Etiquetas: