GALICIA CONTARÁ CO LABORATORIO PERMANENTE DE INDUSTRIAS CULTURAIS PARA A ANÁLISE E DESENVOLVEMENTO DO SECTOR

17 / 10 / 2011

Tal e como se anunciou no pasado foro INDCREA, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega promoveron a creación dun Laboratorio Permanente de Industrias Culturais no que tamén tomarán parte as universidades galegas.

A Consellería de Cultura e Turismo elaborou un informe ao respecto no que indicaba a necesidade de establecer políticas culturais transversais ou o futuro papel da co-creación ou o crowdfounding.

Outras conclusións abordan a avaliación dos modelos de festivais, mostras e feiras culturais; a incidencia no desenvolvemento, promoción e distribución dos produtos culturais por riba mesmo da súa produción; ou a necesaria profesionalización en todos os ámbitos culturais para o deseño de programacións óptimas que repercutirán de xeito positivo na propia industria e garantan a súa viabilidade.

Tamén se destaca a desexable minoración da dependencia das empresas respecto das axudas públicas, a asunción de criterios de rendibilidade e dispoñibilidade na xestión das infraestruturas culturais e a urxencia en atopar un punto de encontro entre o dereito de propiedade intelectual e o de acceso á cultura.

Categoría: Noticias
Etiquetas: