FORMACIP, NOVOS OBRADOIROS

16 / 12 / 2014

O programa formativo audiovisual FORMACIP asociado ao festival Carballo Interplay continua o seu traxecto, desta volta abrindo o prazo de inscrición para oito obradoiros que se deselvolverán de xaneiro a marzo do vindeiro ano:

Iniciación ao After Effects impartido por Manuel Viqueira.

Curtametraxe de ficción impartido por Xacio Baño.

Guión para ficción televisiva impartido por Enrique Lojo e Fran Carballal.

Obradoiro de Créditos impartido por Isabel Vila.

A Arte da Cinematografía impartido por Alberto Díaz «Bertitxi».

Realización de Videoclips Musicais impartido por Javi Camino.

Video Experimental, Novos Medios e Formatos impartido por Juan Lesta e Belen Montero.

Obradoiro sobre Remontaxe impartido por Marcos Nine.

Os obradoiros teñen un custe de 20 euros.Tedes toda a info sobre os obradoiros na súa web e podedes inscrivirvos cubrindo o formulario online.


Categoría: Noticias
Etiquetas: