FORMACCIÓN, II XORNADAS DE FORMACIÓN E MOSTRA AUDIOVISUAL

2 / 01 / 2009

A Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Verea organiza na localidade de Vedra as II Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual, Formación, os días 7, 8, 13, 14 e 15 de febreiro.
O programa inclúe un ciclo de ex alumnos/as de Formacción 08 o venres día 7, un ciclo de clásicos do audiovisual galeo o sábado 7, un ciclo de autores da comarca o venres día 13 e outro sobre curtas de actualidade, ao día seguinte, sábado. As xornadas rematan coa proxección dos traballos dos alumnos de Formacción 09, o domingo 15.

As proxeccións terán lugar na Casa dos Peóns de San Pedro de Vilanova, as 21:30 horas, agás o domingo que comezará ás 20:00 horas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: