FORMACCIÓN 09 CONCEDE OS SEUS PRIMEIROS PREMIOS

2 / 01 / 2009

A mostra audiovisual formAcción 09, concedeu esta fin de semana os premios do público a dúas magníficas curtametraxes do panorama galego. GALIZA 2098 de Edu Lavandeira e LOS TESOROS DE CARACONA de Alber Ponte foron as gañadoras dos premios do público dentro dos ciclos ex_alumn@s de formAcción e clásicos do audiovisual galego, respectivamente.
Para a fin de semana que ven (venres 13 e sábado 14 ás 21:30 ) continua a mostra con dous importantes premios por repartir:

-premio do público a mellor curta de autores da comarca (compiten por este premio Outro dia máis de Luqui Mathews, Querida Xulia de Marisa Otero, Danza na Terra de Xabier Vilaboy, A Coffee de Luki Lakes e Tottalani uass doada de Alber Ponte.)

-premio do público a mellor curta de actualidade. (compiten por este premio Os Señores do Vento de Xurxo González, Etcétera de Pachi Baranda, The Bike de sr. Mundo, Varona (parirás de dolor) de Lara Bacelo, A galiña, a galiña e …a galiña de Alber Ponte e Vellas de Carlos Prado Pampín.)

E xá para rematar, o domingo 15 ás 20:00 hrs. proxectaranse as curtas de ficción e documentais realizadas polos alumn@s dos obradoiros de Iniciación ás curtametraxes e Iniciación aos documentais.

Categoría: Noticias
Etiquetas: