FINALIZA A RODAXE DE «AGALLAS», PRODUCIDA POR CONTINENTAL E ZEBRA

1 / 10 / 2008

O pasado sábado 20 de setembro, finalizou en Sada a rodaxe de Agallas, longametraxe dirixida por Samuel Martín Mateos e Andrés Luque. A estrea en salas comerciais está prevista para a primavera do vindeiro ano.
A rodaxe, que durou sete semanas, fíxose integramente en Galicia en localizacións como Sada, Cambre, Valdoviño ou Cambados, servindo de escenario idóneo para unha historia que utiliza como fondo, o narcotráfico e as súas mafias para falar de algo tan universal como a ambición, a avaricia e o medo. AGALLAS é unha película chea de picaresca, de trampas mortais e de personaxes sen escrúpulos.

Este thriller con toques de humor ácido, conta cun reparto encabezado por Carmelo Gómez e Hugo Silva, e recoñecidos actores galegos como Celso Bugallo, Mabel Rivera, Carlos Sante, Isabel Blanco, Xavier Estévez, Pepo Suevos e Rula Blanco entre outros.

AGALLAS, que ten guión de Javier Félix Echaniz e Juan Antonio Gil Bengoa, narra a historia de Sebastián un delincuente de pouca monta que chega a Galicia en busca dunha vida «fácil». Aquí comezará a traballar para Regueiras, dono da empresa «Isolina, Produtos do Mar». Sebas Pouco a pouco, vai mellorando o seu aspecto e a súa calidade de vida: roupa nova, novos dentes e vai gañando a confianza do seu xefe.Cando parece chegar ao cumio, descobre que é unha peza máis dun xogo que o supera.

A estrea en salas comerciais está prevista para a primavera do vindeiro ano.

Para máis información:
http://www.agallaslapelicula.com/
http://blogs.rtve.es/agallas/

Categoría: Noticias
Etiquetas: