Rising Hope, do director checo Milen Vitanov, faise co premio a Mellor Película mentres que o vasco Gregorio Muro, con Zeinek gehiago Iraun, recibe o premio a Mellor Director, en Animacam 2012.

Ao redor de 20.000 votantes na edición Online, e preto de 400 na edición física celebrada en Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña, seleccionaron os filmes Zeinek Gehiago Iraun e Rising Hope como os gañadores da V edición do Festival Internacional de Animación ANIMACAM, ambos dotados cun premio en metálico de 1.000 euros.

O premio a Mellor Película Animacam 2012, outorgado polas votacións do público asistente ás proxeccións Off-line celebradas no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, foi para a produción alemá Rising Hope, do director de orixe checo Milen Vitanov.

Rising Hope conta unha historia de superación persoal e amizade, a través dun bonito conto no que un cabalo de carreiras deberá recuperar a ilusión perdida para lograr o seu soño.

O filme, producido polo estudo germano Talking Animals Animation, comezou o seu circuíto de festivais na Berlinale 2012 e coseitou importantes premios a nivel internacional como: Mellor Curtametraxe Animación en Rhode Island International Filme Festival 2012 (EE UU),  Premio do Público á Mellor Curtametraxe en The 24 hours of Nuremberg International short filme festival 2012 (Alemaña), Premio do Público Junior á mellor curtametraxe en Capalbio Cinema International Filme Festival 2012 (Italia), e, agora, Premio a Mellor Película no Festival Internacional de Animación ANIMACAM 2012.

O seu director, Milen Vitanov, nacido en Praga en 1978  e criado en Sofía é graduado en Animación  pola Universidade de Cine e Televisión HFF “Wolf Konrad” de Potsdam-Babelsberg. Tras coseitar numerosos premios internacionais co seu primeiro traballo “My Happy End”, funda en 2009 o estudo Talking animals en Berlin xunto cun grupo de compañeiros de graduación, conformado por 14 animadores e dous directores de son-.

Nesta edición Off-line, a primeira nos cinco anos de historia do festival, preto de catrocentas persoas desprazáronse ata o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña para visionar as proxeccións e votar aos 77 finalistas. Ademais de Rising Hope, o publico

destacou obras como a británica A Mornig Stroll ( Nomeada aos Oscar 2012),  a española Baixo a Almohada da consagrada directora Isabel Herguera e a galega O club do Bromista do director Luís Usón

Pola súa banda, o premio a Mellor Director Animacam 2012 outorgado polo público On-line levoullo o realizador vasco Gregorio Muro coa súa película Zeinek Gehiago Iraun – Quen Aguanta Máis? -.

Zeinek Gehiago Iraun narra a historia de Ander, un mozo que xogando cos seus amigos  nas vías do tren sofre un accidente. Este suceso marcará a súa vida e a da súa familia para sempre.

O filme distribuído por Kimuak  Filmoteca Vasca -  está tendo unha ampla difusión internacional. A película foi presentada a máis de 100 certames e gañou numerosos premios, entre os que destacan: Mención especial do xurado en Austin Filme Festival (EE UU), Mellor curtametraxe de animación estranxeiro en ISFFI (INDIA), Mellor Curtametraxe de Animación Internacional en Cine a Rúa (Colombia), Mellor Curtametraxe en Wild Sound

Filme Festival (Canadá), Mellor curtametraxe de Animación en Province Town Festival (EE UU) e Mellor Curtametraxe en Festival Cine España de Tolousse (Francia), entre outros.

Zeinek Gehiago Iraun estivo nomeado aos Goya 2012 e na preselección dos Oscar 2013.

O seu director, Gregorio Muro (Donostia / San Sebastián, 1954), é autor de cómics, guionista e director de cine e TV. Tras varios anos publicando as súas obras principalmente en Francia, iníciase no mundo audiovisual como guionista da longametraxe de animación A lenda do vento do Norte (1992). A partir de entón colabora como guionista en numerosas producións e como director na longametraxe O rei da granja e nas curtas Tralos visillos, Cans de presa e Zeinek gehiago iraun.

A edición On-line, que este ano contou coa participación de máis de 20.000 usuarios rexistrados, ademais da Zeinek Gehiago Iraun, destacou cos seus votos outras obras como: o filme grego Eigth minutes Deadline dos directores Zina Papadopoulou e Petros Papadopoulos, a curta española Alienation da directora valenciana Silvia Carpizo e a galega Only You da directora e realizadora Belén Sousa.

Con iso, a organización de Animacam plácese en destacar para esta edición o alto número de obras a concurso -preto de 400 filmes inscritos na fase previa a finalistas- , a repercusión mundial do festival – con representación de 36 países na fase previa e 30 na fase de finalistas-, ademais da gran calidade das obras presentadas, -entre as que se atopan filmes nomeados e preseleccionados aos OSCAR 2012 e 2013, nomeados e preseleccionados aos Goya 2012 e 2013, nomeados aos BAFTA ou vencedores nos máis importantes certámenes de animación a nivel internacional como: Annecy,  Animamundi, Cinanima ou Animage .

En adicción, a organización quere agradecer a animadores, directores, productoras e distribuidoras a súa aposta por Animacam para promocionar e promover as súas obras, así como recoñecer o apoio dos patrocinadores do festival: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e equipo EComputer, por prestar unha indispensable colaboración á hora de fortalecer e reafirmar o vínculo da animación internacional cos seus públicos a través do Festival Internacional de Animación ANIMACAM.