Localizacións como Corrubedo e Palmeira e varias zonas e edificios emblemáticos de Santiago de Compostela, son as localizacións fixadas por Ficción Producciones para a rodaxe doutra das entregas da serie Un Mundo de Historias –para a TVG, coprodutora da mesma-, creada por Antón Dobao, quen dirixe e guioniza estoutra longametraxe, “SINBAD”. O autor baseou a historia na novela de Álvaro Cunqueiro, “Se o vello Sinbad volvese ás Illas”.

A rodaxe deu comezo o onte luns 9 de maio, e rematará o día 4 de xuño. Hoxe rodáronse varias escenas con Manuel Olveira ‘Pico’ –protagonista da mesma- e Sara Casasnovas. Serán catro semanas de intenso traballo para o equipo técnico e artítico que integran o elenco implicado na rodaxe e demais procesos habituais, ata chegar ó produto final: a película rematada.

As tres primeiras semanas, todo o equipo de Ficción Producciones traballan en Corrubedo, nas praias deste concello, e Palmeira; no Faro de Corrubedo, no Porto,  en distintos lugares do pobo, onde se emprazarán as casas de Sinbad, de Alba, de Vanesa, Aldán, a Taberna de Mansur… e distintas personaxes da película.

A derradeira semana de rodaxe será en Santiago, tanto no Seminario Menor como a Residencia de Anciáns, Chaián, O Milladodoiro, etc…