Para ser socio da Academia Galega do Audiovisual é necesario que nos envíes a ficha de inscrición cuberta a Praza Pintor Sotomayor s/n, 2º piso, 15001, A Coruña xunto cun breve currículo (ou unha liñas) da túa andaina profesional no audiovisual ademais dunha foto.

Unha vez recibida a documentación remitirémoslla á Directiva, e no prazo dun mes confirmarémosche a túa alta vía mail.

A cota é de 100 euros ao ano podendo elixir a forma de pago en anual, semestral, trimestral ou mensual, como che sexa máis cómodo.

Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar con nós.