EXPOSICIÓN «LECCIONS DE COUSAS» DE ANTÓN REIXA EN CGAC

8 / 06 / 2011

O vindeiro venres 17 de xuño ás 20.00 no CGAC terá lugar a inauguración da exposición  “Leccións de Cousas”.

No 1855 publicouse en Londres o primeiro manual de “Leccións de cousas” de E.A. Sheldon que preconizaba un sistema de educación intuitiva. Antón Reixa, poeta, produtor cultural e artista, expón no CGAC un conxunto de oito videoinstalacións inéditas nas que a imaxe, a palabra e a performance se entrecruzan para afirmar un territorio neodadaísta onde a irrisión, o comentario político e social, e unha especie de melancolía existencial se mesturan produtivamente. Ademáis da exposición das súas novas creacións será posible revisar, no auditorio do CGAC, unha selección das súas intervencións máis relevantes dos últimos trinta anos no universo audiovisual.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: