ESTREA DAS CURTAMETRAXES «HIDE AND SEEK» E «MISSED CALL»

7 / 09 / 2010

Este mércores, 8 de setembro, ás 20.30 horas, preséntanse na Fundación Luis Seoane de A Coruña as curtametraxes «Hide and Seek» e «Missed Call», dirixidas por Nuria García Montiel. As curtas, rodados en Nueva York contan coa participación do actor estadounidense Christopher Backus, de recoñecido prestixio en América.

Tamén colaboran Nico Casal, coa Banda Sonora, Txema Mora co deseño gráfico, Black Bum, cos dereitos de uso da súa canción, a Universidade da Coruña, GADISA e a Deputación da Coruña.

Despois da proxección haberá unha mesa debate presidida por José María Barja, reitor da Universidade da Coruña, Adina Dumitru psicóloga e contertulia de V TELEVISIÓN, Chema Paz Gago, catedrático de literatura e experto en cine e Nuria García Montiel, autora das curtametraxes.

Categoría: Noticias
Etiquetas: