ESTREA DE NOVOS CAPÍTULOS DE “PADRE CASARES”

9 / 09 / 2011

“Padre Casares» anuncia a estrea dos capítulos da súa novena tempada. A ficción leva xa tres anos en antena, como líder de audiencia en Galicia na súa franxa de emisión. Son xa 114 os capítulos estreados e un récord de audiencia por capítulo do 36,4%. Este luns, 12 de setembro, a TVG estrea «Códice Louredo», unha entrega moi especial, que mostrará aos fans da serie imaxes inéditas da nova tempada.

Tras varios meses de espera e reposicións, este luns estrearase Códice Louredo, una entrega moi especial que, por primeira vez na historia de Santo Antonio de Louredo, mostrará aos fans da serie algunhas das secuencias máis impactantes da tempada por emitir. Novos personaxes, intrigas e misterios, secretos do pasado, regresos inesperados e dolorosas despedidas. A nova tempada de Padre Casares ven cargada de sorpresas para tódolos gustos.

Esta semana, a entrega será dobre: primeiro, a emisión do último capítulo da pasada tempada, para refrescar aos espectadores a memoria e que non perdan detalle do que se lles ven enriba. E despois Códice Louredo, unha bomba informativa cargada de documentación aínda nunca vista. Todo esto, a partir das 22.20 horas.

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: