ESTREA DA LONGA VOLAR NO CGAI

23 / 05 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá venres día 24 de maio (18.00 e 20.30 horas) VOLAR (2012) da cineasta Carla Subirana, mostra da actualidade na non ficción española e singular aproximación ao universo militar.   VOLAR    

(España, 2012)
Dirección e guión: Carla Subirana. Produción: Pandora Cinema e Zentropa Spain, coa colaboración de TVE e o Máster de Documental de Creació de l’Institut d’Educació Continua (IDEC) de la Universitat Pompeu Fabra. Fotografía: Julián Elizalde e Carles Gusi. Duración: 84 minutos.  
Antiga colaboradora de Joaquim Jordà, vinculada ao máster de Documental de Creación da Universitat Pompeu Fabra, Carla Subirana dirixiu en 2008 Nadar, un documental con elementos autobiográficos. A perspectiva muda nesta (insólita) incursión dunha cámara nunha Academia militar española. A vida alí, o período de instrución, o cotián para os cadetes que se preparan para voaren.

Categoría: Noticias
Etiquetas: