ESTREA DE “VIVIR PARA SIEMPRE” DE FORMATO, O VENRES 29 DE OUTUBRO

21 / 10 / 2010

O vindeiro venres 29 de outubro terá lugar a estrea de “Vivir para siempre”, de El Capitan Pictures, Life&Soul Pictures e Formato Producciones. Haberá un pase ás 20.15 na Fundación Caixa Galicia, ao tempo que está nos cines Filmax A Coruña, a favor da Asociación Contra o Cancro. A entrada retirase na propia Caixa Galicia, e o espacio é limitado ata completar aforo.

 

O filme español-británico, dirixido por Gustavo Ron, conta a historia de Sam, un rapaz con leucemia que compartirá a súa particular e por momentos divertida visión do mundo e das súas propias circunstancias.

 

Tedes máis información da película na web www.vivirparasiemprelapelicula.com

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: