ENTREGADOS OS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2011

4 / 11 / 2011

Os Premios da Cultura Galega 2011, que se deron a coñecer o pasado mércores 2 de novembro, pretende distinguir ás persoas e institucións galegas que traballan nos distintos campos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio cultural, e da actualización e difusión deste capital intelectual.   

Os galardóns outórganse en sete modalidades. Na de creación audiovisual, o xurado concedeullo, por unanimidade, á actriz María Pujalte, en recoñecemento a súa importante carreira profesional desenvolvida no cine, na televisión e no teatro. Outros galardoados foron sido o escritor Arcadio López Casanova, na categoría de Letras; o escultor Manolo Paz, na de Artes Plásticas; o dramaturgo Quico Cadaval, na de Artes Escénicas; a Fundación Aquae Querquennae, na de Iniciativas en pro do Patrimonio Cultural; o gaiteiro Carlos Núñez, na de Promoción Cultural de Galicia; e o compositor Rogelio Groba, naa de Música. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de prestixio.

A sesión de deliberación do xurado estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e contou coa participación como vocais institucionais do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez; o presidente do Consello da Cultura Gallega, Ramón Villares; o presidente da Real Academia Gallega, Xosé Luis Méndez Ferrín; o rector da Universidade de A Coruña, José María Barja Pérez; o vicerrector de Estudiantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Ramón Durán; o vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias; e o membro da Xunta de Goberno da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, Ramón Yzquierdo Perrín. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron Miguel Fernández Cid, Natalia Lamas, Isabel Aguirre e Carmen Castro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: