Encontros 08

18 / 12 / 2008

 No ano 2008 celebrouse a segunda edición dos encontros para conversar sobre aqueles aspectos que preocupan e afectan aos profesionais do sector audiovisual galego. A novidade veu dada polo feito de que o debate entre os académicos se realizou a través da páxina web da Academia www.academiagalegadoaudiovisual.gal, a través da apertura de catro foros relacionados con catro temas. Deste xeito acercouse a posibilidade de participar a todos os académicos, e fomentouse o uso das novas ferramentas de comunicación.

Como se dicía, os encontros virtuais xiraron entorno a catro temas. O punto de partida en cada un deles foi un “relatorio virtual” ou texto elaborado por unha persoa á que a Academia encargou tal encomenda. Os foros abríronse gradualmente na web da Academia e cada un deles tivo un mes de duración, pasado o cal quedou pechado.

Os temas sobre os que se falou foron:

1º foro: O clube dos 13.
2º foro: Literatura e cinema: Serezade ante o meigo. Suso de Toro
3º foro: A lingua fendida. O audiovisual e o galego. Raúl veiga
4º foro: Premios e galas. Xosé Castro “Pato”

O resultado destes encontros publicouse no Anuario 07-08 da Academia.

Patrocinadores

{loadposition patro_encontros08}
Categoría: Noticias
Etiquetas: