A DUCHA ESTE XOVES NA BIBLIOTECA NODAL, REMATA O CICLO CINE E TERMALISMO

17 / 09 / 2014

Este xoves, 18 de setembro, na Biblioteca nodal de Ourense, ás 20:30 horas (sesión única); proxectarase o filme “A ducha “ para pechar o ciclo Cine e Termalismo.

A DUCHA

(La ducha) (Shower) Xizao

(1999, China) 92 min.

Director: Zhang Yang

Abandonado polo seu fillo maior Daming, que se foi de Beijing en busca de fortuna, o señor Liu continúa aferrado ao seu traballo como propietario duns baños públicos, a súa vocación de toda a vida. Ademais ha de coidar do seu outro fillo  Erming, que sofre un atraso mental. Daming crendo que o seu pai morreu, regresa a Beijing para descubrir a maxia dos baños públicos.

Premios

1999: Festival de San Sebastián: Cuncha de Prata ao mellor director

1999: Festival de Rotterdam: Premio do Público

1999: Festival de Toronto: Premio da Crítica Internacional

 

Máis info: http://cineclubepf.blogspot.com.es/

Categoría: Noticias
Etiquetas: