Cerca de 8.000 obras rexistradas este ano no festival de curtas máis importante do mundo -na pasada edición foron vendidas máis de 150.000 entradas- que contará este ano coa curta “O Xigante” dentro da Sección Xoves. 

Ademais “O Xigante” acaba de recibir un novo premio en Brasil, o Premio Amazonia á Mellor Curta de Animación no Festival de Cinema de Parauapebas Curta Carajás e o Premio á Mellor Banda Sonora no Festival Internacional de Aguilar de Campoo.

Con estes dous novos recoñecementos suman xa 20 os festivais internacionais nos que foi seleccionada a competir e 10 os premios obtidos.