A produtora viguesa Domovoi Dixital grava estos días no recinto IFEVI de Vigo a captura de movementos da serie de animación en 3D “Polacos” coa empresa donostiarra STT ingeniería e Sistemas S.L.
Domovoi xurde como unha iniciativa empresarial do director Nacho Abia, unha xoven promesa do audiovisual con recoñecementos varios no sector, entre eles o Premio a mellor curta galega 2008 no certame Cortocircuíto pola obra “Don Señor e o home do soño”.

Polacos é a primeira comedia de animación en 3D de orixe española e conta para a realización do capítulo piloto, co apoio e a subvención da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Esta sitcom narra a historia de dous irmáns mellizos de orixe polaco: Konrad e Klaus, que ademáis de diferenciarse na cor da súa pel, carácter e formas de enfentrarse a vida, ambolosdous comparten as ganas de sentirse como en casa en Vigo. Polacos conta con un elenco de excepción: un mellizo hipocondríaco, unha monitora de autoescola que se ofrece a facer carreiras ilegais co coche da empresa, un cura que pretende adoctrinar ateos, unha enfermera que atende os seus pacientes bébeda, un homeópata xaponés que só fala na súa lingua cos seus pacientes; un prototipo de supercop que patrulla a cidade cun fachilla de pouca monta consagrado. Todo un elenco de excepción para unha sitcom de animación pioneira en España que gustará a todo tipo de públicos.