A CURTA A BANDA (THE BAND) PRESÉNTASE ESTE SÁBADO EN VIGO

13 / 12 / 2011

Este sábado 17 de decembro ás 21.30h en “A Cova” (Vigo), preséntase a curtametraxe de animación “A banda (The Band)”, creado por José Luis González G. Barceló. A velada continúa cun coctel a partir das 22.30h en “Alta Fidelidad”.

“A Banda (The Band)”, unha historia de gags visuais tratada a modo de documental sobre unha «banda» de gaivotas que se abren camiño no mundo do Rock and Roll.

Un novo traballo de José Luis González G. Barceló coa axuda de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) para promocionar a nivel de Circuítos de Festivais Internacionais.

  

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: