CURSOS TEÓRICOS PRÁCTICOS DE FOTOGRAFÍA NO MACUF

28 / 12 / 2011

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa acolle do 24 de xaneiro ao 3 de abril e do 30 de xaneiro ao 29 de marzo sendos cursos de análise da imaxe fotográfica e de iniciación á fotografía respectivamente, ambos impartidos por Rubén Panete.

O curso teórico práctico de análise da imaxe fotográfica terá lugar os martes de 19.00 a 21.00 horas. Partirase do feito de que para facer fotografías é imprescindible ver fotografías. O curso pretende xerar un espazo de opinión e traballo baseado na observación e análise da imaxe fotográfica. A cada sesión semanal de análise correspóndelle unha práctica na que o participante debe realizar para posteriormente ser representada, compartida e comentada en grupo. O obxectivo final é crear unha dinámica de traballo na que o aprendido e a análise e a posta en común dos traballos realizados axuden ao grupo a incentivar a creatividade e coñecemento do acto fotográfico.

En canto ao curso de iniciación da fotografía, pretende mediante o análise da imaxe fotográfica dende os seus inicios ata a actualidade lograr un método lúdico e dinámico que permita unha fácil aprendizaxe da técnica fotográfica e unha correcta aplicación da mesma. O participante aprenderá a manexar a cámara con tódalas súas funcións e programas dispoñibles ademais de coñecer e poñer en práctica os principios básicos de composición en fotografía.


Tedes máis información do curso de análise da imaxe fotográfica en: http://www.macuf.es/htdocs/actividades_curso_imagenFotografica.html

E do curso de iniciación á fotografía en: http://www.macuf.es/htdocs/actividades_taller_Fotografia2012.html

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: