CURSOS DE FORMACIÓN DE ARTERIA NOROESTE PARA MARZO 2009

2 / 01 / 2009

ARTeria Noroeste anuncia a convocatoria da súa oferta formativa, con cursos de videocreación, creación de partituras con Sibelius, etalonaxe, video book para actores e como comunicar un proxecto cultural para saír en prensa (curso I) e para acadar financiamento (curso II).
VJ: videocreación en directo
Obradoiro pensado para a xente que quere iniciarse no mundo do vjing e a creación e manipulación de vídeo en directo.
Data: 23 ao 27 de marzo [20 horas]. Horario: 16:00-20:00. Profesor: VJ Spain

Creación de partituras con Sibelius
Obxectivo: a transcrición de música cun ordenador. Dende un simple score con melodía e acordes ata un arranxo de orquestra sinfónica.
Data: 23 de marzo ao 25 de maio [20 horas]. Horario: 20:00-22:00 [luns]. Profesor: Carlos López

Etalonaxe
Curso de introdución á corrección de color, explicando os diferentes recursos técnicos e posibilidades de software.
Data: 30 de marzo ao 3 de abril, e 13 ao 17 de abril [excepto: martes] [30 horas]. Horario: 16:00–20:00 [luns, 16:00 a 19:00]. Profesor: David Plaza

‘Vídeo book’ para actores
Realización dun vídeo book con vídeos, fotos, música, animacións e menú de presentación.
Data: 20 ao 24 de abril [20 horas]. Horario: 16:00-20:00. Profesor: David Ávila

Iniciativas FUNDACIÓN AUTOR

Cómo comunicar un proxecto cultural, I. Saír en prensa
Seminario que ofrecerá tácticas básicas para unha mellor relación cos medios de comunicación.
Data: 5 ao 7 de marzo [15 horas]. Horario: 16:00-21:00 / 9:00-14:00 / 9:00-14:00. Profesor: Ignasi Vendrell e Lurdes Fernández

Cómo comunicar un proxecto cultural, II. Escribir unha proposta para acadar financiamento
Este seminario facilita os coñecementos básicos para a redacción, presentación e envío dunha proposta de financiamento dun proxecto cultural.
Data: 6 e 13 de marzo [10 horas]. Horario: 16:00-21:00 / 17:00-22:00. Profesor: Ignasi Vendrell e Lurdes Fernández

ARTeria Noroeste
Parque Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A. 15705 Santiago de Compostela

Información e inscricións: Tfno: 981.569183. E-Mail: gnieves@sgae.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: