O próximo venres dará comezo en A Coruña un novo curso de storyboard que será impartido por Carlos Seijo, guionista, director e músico das curtametraxes Sen escrúpulos e Pode ser. O obradoiro, integrado dentro das actividades do programa Noitenova, está organizado pola Concellaría de Mocidade do concello coruñés coa colaboración da produtora Mr Misto Films.  O curso desenvolveráse en cinco secións, os próximos 13, 20 e 27 de marzo e o 3 e 17 de abril, en horario de 19:00 a 22:00 horas no Forum Metropolitano, sito no Parque Europa da cidade. Todos aqueles interesados, entre 14 e 30 anos, poderán inscribirse na páxina web www.coruna.es/nex.