O curso sobre como escribir, dirixir e producir unha curtametraxe impartido por Alber Ponte comezou onte en Santiago e rematará o vindeiro venres 4 de marzo.

QUEN: Alber Ponte         
PARA QUEN: Actores e Actrices socios de AISGE
CANDO: Do 28 de febreiro ao 4 de marzo de 2011, en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
ONDE: Sede da Fundación Aisge en Galicia, Santiago de Compostela. Rúa Monte dos Postes, nº 14 Baixo
CANTO: 100€ socios AISGE
DURACIÓN: 40 horas
CONTACTO: www.aisge.es / aisge.scompostela@aisge.es / 981 552765

SOBRE O CURSO
Taller básico para coñecer os pasos necesarios para levar unha idea á pantalla, que estará enfocado a proporcionar ós asistentes os coñecementos básicos para escribir, desarrolar, producir e rodar unha idea.

O contido do curso desenvolverase durante 40 horas e constará destes apartados.                                          
. Introdución
. Guión
. Direción
. Produción
. Cuestións de equipo
. Os actores

Ao longo do desarrolo desta parte do curso presentarase unha pequena historia que servirá de base para os alumnos voluntarios que queiran escribir o guión dunha curtametraxe durante o curso. Con esta prática exercitaránse os múltiples puntos de vista que poida ter unha mesma historia.

Dos seguintes elixidos, Alber Ponte selecionará un deles para levalo á pratica. Como preámbulo á rodaxe, e en caso de que o alumnado sexa numeroso dividirase en dous ( ou máis) grupos, obtendo con iso a motivación  de conseguir visións distintas dun mesmo guión.
. O preámbulo da rodaxe
. A montaxe
. Copia final

SOBRE O PROFESOR
Alber Ponte é actualmente considerado o curtametraxista máis prolífico de Europa con máis de 58 títulos ás súas costas. Percorreu máis dun centenar de países cos seus traballos, sendo considerado pioneiro no sector da curtametraxe, rodou todo tipo de obras, xéneros e traballos. No verán do 2011, unha prestixiosa editorial alemá comezará a súa colección “ Aproximación a la cultura contemporánea” co libro “ Alber Ponte, vivir para el cine”, que se publicará en Alemania, España e Estados Unidos.