CULTURGAL POSTÚLASE COMO PUNTO DE ENCONTRO DO AUDIOVISUAL GALEGO

26 / 11 / 2012

Culturgal preséntase como o máis completo espazo de encontro e difusión do sector cultural galego, con 70 entidades expoñendo os seus produtos e servizos na Feira, máis de 300 profesionais acreditados, unha programación profesional con 40 relatores nacionais e internacionais e 140 actividades.

Para facilitar a visita, preparamos un documento que resume os encontros e actividades  de maior interese para o voso colectivo. Descarga xa o teu Itinerario para profesionais do audiovisual. 

Na web http://www.culturgal.com/presentacion.php está dispoñible  tamén a Guía para Profesionais en Culturgal, o mapa da feira, con todos os cuartos e  entidades, e máis o programa completo de actividades. Tamén podes descargar o folleto e o dossier e estudalo de vagar… non hai excusa para perderse nada!

Como chegar. Este ano, de novo, Culturgal ten un convenio de colaboración con Renfe, en virtude do cal todas as persoas que collan o tren para acudir á Feira das Industrias culturais poderán beneficiarse dun desconto do 30% no prezo do seu billete. Para facelo, só tedes que descargar e imprimir o documento. Cubrídeo e levádeo á vosa estación ou oficina de venda de referencia. Alí daranvos  o billete co desconto establecido. Iso si, este desconto non é acumulable a ningunha outra oferta e os cambios e anulacións teñen a mesma consideración que os emitidos coa tarifa xeral. Podedes consultar os horarios e tarifas xerais na web de Renfe.
 
Tamén existen múltiples posibilidades para chegar a Pontevedra dende calquera outro punto de Galicia en bus interurbano. Iso si, recomendámosvos que antes de iniciar a viaxe comprobedes que non hai cambios consultando directamente coas empresas que prestan o servizo. Todos os contactos están no documento.
 
Contamos con vós. Recordade que a casa da cultura galega é a vosa casa. Vós tedes a chave

Categoría: Noticias
Etiquetas: