CRTVG DESENVOLVE UNHA APLICACIÓN QUE OFRECE A ACTUALIDADE INFORMATIVA DOS SEUS MEDIOS NO MÓBIL

29 / 11 / 2011

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia desenvolveu unha aplicación para móbiles, CRTVG Informativos e Directos, que facilita o acceso aos seus contidos e lle permite ó usuario elixir como, cando e onde quere velos e escoitalos.

Con esta primeira aplicación, na que se aposta pola mobilidade como unha das liñas estratéxicas da CRTVG, pódese acceder en directo ás canles Galicia TV Europa e Galicia TV América da TVG, e ás tres emisións da Radio Galega: Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio. A través do móbil, o usuario tamén poderá seguir xa toda a actualidade informativa da TVG e da radio pública galega, así como os seus directos.

A aplicación, dispoñible no Android Market e na AppStore de Apple, e accesible dende o enlace www.crtvg.es/crtvg/apps/crtvg, posibilita, así mesmo, compartir as noticias nas principais redes sociais, a través do e-mail, ou abrilas na propia web; e a personalización dos fondos da aplicación con imaxes emblemáticas de Galicia, compatible con Apple TV (para a versión iOS). Ademais, permite o acceso a diferentes temáticas informativas sobre deportes, Galicia, o mundo e o tempo.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: