CRISTINA ZUMARRAGA, GOYA 2007 Á MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN, IMPARTIRÁ CLASE NO MPXA

12 / 03 / 2008

Cristina Zumárraga, Goya 2007 á mellor Dirección de Produción por Alatriste, impartirá aos alumnos de MPXA (Máster en Produción e Xestión Audiovisual) un obradoiro sobre a elaboración de orzamentos cinematográficos, durante os días 13 e 14 de Marzo. A tarefa de elaborar un orzamento, conseguir financiamento e os pasos que deben seguir para que o proxecto se poida realizar, serán os temas sobre os que traballarán neste seminario- obradoiro.
Cristina Zumarraga acaba de rematar a dirección de produción do proxecto titulado Guerrilla dirixido por Steven Soderbergh, protagonizado por Benicio del Toro e Franka Potente e producido por Telecinco. Tamén foi a Directora de Produción de La carta esférica, dirixida por Imanol Uribe con Carmelo Gómez e Aitana Sánchez-Gijón. Foi xefa de produción de numerosas películas e documentais como Lágrimas negras, Manolito gafotas, Na cidade sen límites, El lobo, Loking for Fidel, entre outros.

Categoría: Noticias
Etiquetas: