«CORES», NO FESTIVAL CURTOCIRCUITO DE SANTIAGO

9 / 07 / 2008

Mañá xoves proxectarase no Festival Curtocircuito de Santiago a curtametraxe «Cores» de Jairo Iglesias, produción de Mr Misto Films. A cita será ás 22:30 na Praza de Cervantes. «Cores» é unha das curtametraxes galegas máis premiadas ao longo do ano, por iso que o festival santiagués, de renome internacional, queira contar con ela.
A curtametraxe foi gravada en outubro do ano pasado nos arredores de Boiro e conta a historia de dous soldados e a súa inocencia fronte a loita. Os actores protagonistas son Alberto Rolán e Vicente de Souza.

Categoría: Noticias
Etiquetas: