A curtametraxe “Cores”, produción de Mr Misto Films, está presente esta semana no IX Festival de cortometrajes de Calahorra, La Rioja. A obra foi unha das 24 seleccionadas, entre máis de 300, para competir no certame.
O 19 de setembro saberemos o veredicto do xurado na gala de entrega de premios, no Teatro Ideal, na que se proxectarán seis curtas rioxanas máis as gañadoras. Haberá un primeiro premio de 2500¤ e dous de 1000¤, pertencentes ao público e ao xurado.

Esta produción de Mr Misto xa se convertíu na curta galega máis premiada do ano ao recibir galardóns de festivais como o de Igualada, Redondela ou Sada.