COPRODUCIÓN INTERNACIONAL E FINANCIAMENTO DAS OBRAS AUDIOVISUAIS, NO MPXA

2 / 01 / 2009

Paco Rodríguez, productor executivo de Filmax Animation durante os últimos anos, e gañador de 4 Goyas á mellor produción de animación, explicará esta semana aos alumnos do MPXA (Máster en Produción e Xestión Audiovisual) a coproducción internacional e o financiamento das obras audiovisuais.

Algunhas das producións que ten realizado son Donkey Xote, Nocturna, El Cid, la leyenda. Na actualidade é director de Media Training Consulting, empresa que se adica a avaliar proxectos audiovisuais e cinematográficos.

Ademais, durante unha xornada, Paco Rodriguez impartirá unha master class sobre a técnica de pitching- expoñer nun tempo limitado un formato audiovisual e comunicalo de forma efectiva a un posible comprador- onde os alumnos de MPXA aprenderán a expoñer os seus proxectos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: