CONVOCATORIA DO ASIA TV FORUM 2008, EN SINGAPUR, DO 10 A 12 DECEMBRO

29 / 09 / 2008

Continúa aberta a convocatoria para a próxima edición do ASIA TELEVISION FORUM, un dos mercados internacionais de televisión máis importante de Asia, que se celebrará en Singapur do 10 ao 12 de decembro de 2008. Como novidade nesta ocasión o mercado celebrarase no Centro de Convenciones de Suntec e no marco de actividades do Plan Sectorial Audiovisual ICEX e FAPAE, está previsto instalar un stand/paraguas a disposición de tódolos produtores e vendedores que desexen asistir.
O custo de participación é de 550 ¤ + IVA para socios e 650 ¤ + IVA no socios, válido para a acreditación de dous executivos de cada empresa participante.
O ICEX financiará o espacio, alquiler, promoción (edición de catálogo) e publicidade, e outorgará a cada empresa participante unha bolsa de viaxe por importe de 1.380¤ que será entregada ao final do evento.

A organización do mercado porá a disposición das empresas participantes unha base de datos online para facilitar a confección da axenda de reunións e a través da web www.asiatvforum.com poderase xestionar o aloxamento.

Máis información: arubiano@fapae.com ou ben chamando ao Consorcio Audiovisual de Galicia, teléfono 981 957 182.

Categoría: Noticias
Etiquetas: