CONVOCATORIA DE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE CULTURA

25 / 04 / 2013

Achegamos a ligazón ao aviso na web da Agadic sobre a convocatoria que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 24 de abril de 2013, coas bases reguladoras para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, para a realización de programas culturais que se desenvolvan na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles:  http://www.agadic.info/Avisos/detalles/82

O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 24 de maio.

 Acceso á tramitación en liña e contactos para máis información en: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=CT&codProc=205C

Categoría: Noticias
Etiquetas: