Mañá 24 de febreiro de 2009 sairá publicado o anuncio da convocatoria do programa de promoción de curtametraxes galegas CURTAS 09 no DOG nº 38. Dita convocatoria estará dispoñible a partir de mañá na páxina web do Consorcio Audiovisual de Galicia e a partir do mércores na propia sede do Consorcio. O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de febreiro ao 26 de marzo de 2009.