A Asociación de Persoas Sordas de Vigo (Asorvigo) convocou o I Certamen Vigués de Curtametraxes en Lingua de Signos, que se realizará no Centro Social de Novacaixagalicia na cidade galega o próximo 3 de decembro. O prazo de recepción de películas péchase o 2 de novembro. .

O I Certame Vigués de Curtametraxes en Lingua de Signos está aberto a tódalas persoas maiores de 18 anos, tanto de forma individual como en grupos. Os equipos poderán ser de persoas xordas ou oíntes, pero o director, guionista e os actores principais deberán ser xordos. Os traballos que concurran deberán ser realizados en lingua de signos, subtitulados en castelán, e cada director só poderá presentar un. A temática das obras é libre, pero dentro da narrativa puramente cinematográfica, polo que quedan excluídas as reportaxes, spots, documentais, videoclips, etc. A duración das curtas deberá oscilar entre os 5 e os 20 minutos, incluíndo os créditos e as tomas falsas.
Tedes toda a información na web www.asorvigo.org,