A Academia Galega do Audiovisual continua coas proxeccións das obras gañadoras nos X Mestre Mateo no Centro Galego de Artes da Imaxe.

O ciclo continua hoxe xoves 5 de xullo, tamén ás 20.00h, será a quenda da cinta que gañou o premio ao mellor Documental, As silenciadas, de Mr Misto, e de As damas negras, gañadora na categoría de Curtametraxe de ficción.

Por último mañá venres 6 de xullo ás 18.00h proxectarase Eduardo Barreiros, o Henry Ford Galego, de Simón Casal de Miguel, gañadora na categoría de mellor Película para televisión e ás 20.00h Tralas Luces, de Sandra Sánchez, galardoada co Mestre Mateo á mellor Longametraxe Documental, Montaxe e Dirección.

A entrada a tódalas sesións é de balde.