O Cineclube Padre Feijoo, continúa o ciclo adicado ao cine de autor, a partir do vindeiro 8 de maio, coa proxección do filme “Tabú” do luso Miguel Gomes. (2012, Portugal) 118 min.

O filme recibiu o premio FIPRESCI e Alfred Bauer no Festival de Berlín do ano 2012, e baséase no antigo filme de Murnau, co mesmo título, nunha historia de amor en África.

Este filme, conta co amparo do programa “Portugués perto“, da vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo.

A programación  do ciclo de autor, continúa o 15 de maio con “Bestas do sur salvaxe” ( Beasts of the Southern Wild ) (2012, EE.UU) 91 min. de Benh Zeitlin, premio á mellor película e mellor fotografía no Festival de Sundance 2012, e  Cámara de Ouro e Premio FIPRESCI no Festival de Cannes 2012

O 22 de maio;  “Amor” (Amour) (2012, Austria) 127 min. de Michael Haneke e remata o 29 de maio con “Holy Motors” (2012, Francia) 115 min. de  Leos Carax