CONGRESO INTERNACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE HISTORIADORES DO CINE

10 / 03 / 2011

Hoxe xoves 10 de marzo comezou o XIII Congreso Internacional da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC), que se celebra na Faculta de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela(USC) e se desenvolverá – cun epílogo na Cidade da Cultura- ata o sábado día 12 de marzo.   Como parte dos actos do Congreso, a Asociación Española de Historiadores do Cine entregará as súas Medallas de Honra dirixidas a personalidades relevantes na historia do cine español e correspondentes aos anos 2009 e 2010, que nesta ocasión recoñecerán a traxectoria do produtor e distribuidor Enrique Cerezo, do actor Germán Cobos (protagonista de Brillante porvenir (1964) de Vicente Aranda e El aire de un crimen (1988) de Antonio Isasi), do director e escritor Gonzalo Suárez e do realizador e director de fotografía Lorenzo Soler, moi vinculado a Galicia polos seus traballos documentais durante  a transición política española. Os catro persoeiros asistirán persoalmente a recollelas.

O congreso leva por título AURORA E MELANCOLÍA. O CINE ESPAÑOL DURANTE A II REPÚBLICA (1931-1939), e contará ó longo dos tres dias con recoñecidos especialistas nacionais e estranxeiros, que exporán 35 ponencias e dúas mesas redondas co cine e a cultura republicana como puntos de análise centrais.

Categoría: Noticias
Etiquetas: