O vindeiro 8 de marzo celebrarase o Día Internacional da muller. Por este motivo o Concello de Poio a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca un concurso de curtametraxes.

O obxectivo do certame é a sensibilización sobre a consecución da igualdade entre homes e mulleres e a visibilización das loitas das mulleres ao longo da historia para conquerir a igualdade.

 

 

BASES DO CONCURSO:

 

1.- Poderán concorrer todas aquelas persoas que o desexen e nas súas obras se trate calquera

temática social relacionada coa discriminación da Muller e a súa loita póla igualdade efetiva

e real; coeducación, roles históricos, participación das mulleres na vida social, conciliación

da vida laboral e familiar; políticas de igualdade; teitos de cristal; invisibilidade;discriminación

laboral e salarial, etc.

Neste concurso poderán participar tanto persoas físicas como xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de que sexan inéditas.

 

2.- O xénero será de libre elección, admitiránse todos os xéneros creativos audiovisuais nos que o/a autor/a decidira expresarse: animación, ficción, documental, dramático, etc. Aceptaránse todalas técnicas nas que se realizaran (imaxe real, animación, infografía. A duración da curtometraxe non poderá sobrepasar ós 20 minutos (títulos de crédito incluidos).

 

3.-As curtometraxes entregaránse en soporte dixital DVD independentemente de cómo se crearan. Na carátula do DVD virá indicado o título da obra, e a duración. Dentro dun sobre lacrado que acompañará o DVD especificaranse os datos de contacto da/o autor/a/res/ras (nome, apelidos, dirección, NIF, teléfono e mail, sinopse, duración da curtametraxe, ficha técnica e artística). O sobre de envío haberá de dirixirse ó Centro de Información á Muller de Poio, “Curtas pola Igualdade”

 

4.- As curtametraxes presentaránse no Centro de Información á Muller do Concello de Poio: Avda. Domingo Fontán nº 4, C.P.: 36005, A Barca, San Salvador de Poio. O prazo de entrega rematará o 28 de febreiro de 2013.

 

5.- Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se poderá cambiar no seu día polo traballo presentado. Os que reciban facturados serán devoltos ao seu/ a súa autor/autora, si así o solicitan, unha vez rematado o prazo dun mes dende o 8 de marzo. Os gastos de envío e devolución serán por conta dos e das concursantes.

Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende 8 de marzo, sen que os autores ou autoras dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes. Entón, o Concello de Poio poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

 

 

6.- Establécese para este concurso dous premios en dúas categorías e un accésit para cada unha delas:

 

Primeiro premio dotado cun cheque por valor de 300 euros, para traballos presentados por persoas maiores de idade, máis accesit.

 

Primeiro premio dotado cun cheque por valor de 100 euros, a canxear nalgún dos establecementos de Poio cos que se chegue a acordo, para traballos presentados por persoas de entre 13 e 18 anos de idade, máis accesit.

 

O premio estará suxeito á normativa fiscal e poderá ser declarado deserto polo xurado do concurso.

 

7.- O xurado terá a seguinte composición:

·         PRESIDENTE/A: Concelleiro/a da área de Cultura do Concello de Poio.

·         VOGAIS: 3 persoas, 2 relacionadas co mundo das artes e da comunicación audiovisual e a Concelleira de Igualdade e Benestar social do concello de Poio.

·         SECRETARIA: a Directora do CIM.

 

O Criterio do xurado será o de manter o necesario equilibrio entre os contidos relacionados coa igualdade da muller e a calidade cinematográfica da obra.

 

8.- A comunicación dos/as seleccionados farase persoalmente unha vez coñecido o fallo do xurado.

 

9.- Os premios entregaranse o venres 8 de marzo de 2013, ás 20.30 horas no Casal de Ferreirós, nun acto no que se visualizarán as curtametraxes premiadas.

 

10.- Os/as participantes declaran, no seu caso, obter a autorización expresa das terceiras persoas cuias imaxes foran utilizadas nos traballos presentados para a súa publicación e de acordo coas leis vixentes. No caso de que algún/ha terceiro/a reclamara dereitos de imaxe, dereitos de autor/a ou a vulneración de calquera outro dereito de propiedade intelectual, industrial o calquera outro dun terceiro, o Concello de Poio quedará exonerado de toda responsabilidade. Os/as concursantes responsabilízanse de que as curtametraxes non estean sometidos a ningunha reclamación legal..

 

11.-O/A autor/as cederalle ao Concello, en exclusiva e irrevogablemente, o dereito da obra, para a súa edición ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade, tamaño ou soporte, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria. Poderase realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicos ou tamaños necesarios, co compromiso de facer mención expresa do/a autor/a.

 

12.- O concello de poio reservase o dereito de modificar calquera punto destas bases si as circunstancias o requiren, de elo farase a publicidade oportuna.

 

13.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.

 

Máis información: CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE POIO