O Centro de Información á Muller do Concello de Poio, comunica que co motivo da Campaña do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, vai convocar o “2º concurso de Curtametraxes pola Igualdade”, o obxectivo deste certame é a sensibilización sobre a concesión da igualdade entre homes e mulleres e a visualización das loitas das mulleres ao longo da historia para conquerir a igualdade.

A este concurso poderán concorrer todas aquelas persoas que o desexen a partir dos 13 anos, tendo as bases á súa disposición na oficina administrativa do Cim. As obras presentaranse na antedita oficina, sita no Centro de Servizos Sociais. Os trabalos -obras, recolleranse ata o 3 de marzo de 2014. Establécese para este concurso dous premios en dúas categorías e un accésit para cada unha delas. Primeiro premio dotado cun cheque valor de 400.-€, para traballos presentados por persoas maiores de idade, máis accesit. Primeiro premio dotado cun cheque valor de 200.-€, para traballos presentados por persoas entre 13 a 18 anos, máis accésit. A comunicación dos/das seleccionados/as farase persoalmente unha vez coñecido o fallo do xurado, e os premios entregaranse o venres 7 de marzo de 2014, ás 20:30 horas, no Casal de Ferreirós, nun acto no que se visualizarán as curtametraxes premiadas.

Para máis información poderán chamar ao teléfono 986.87.42.38, as bases están colgadas na paxina do cim en facebook (cim poio) e nas oficinas no Centro de Servizos Sociais (Casa Rosa).